Menú
Escenas do Cambio, Martha Hincapié Charry , “Hecatombe II”.

Escenas do Cambio, Martha Hincapié Charry , “Hecatombe II”.

Desde9,72 €

Sala Seminario, Andar 0, Museo Centro Gaiás | Santiago de Compostela

08 Maio 2026 18:30

HECATOMBE II – MOVEMENTOS E RITUAIS PARA A RENOVACIÓN DO MUNDO

Martha Hincapié Charry

Venres 8 de maio ás 18.00 H e 18.30 H

Museo Centro Gaiás, sala seminario. Cidade da Cultura

HECATOMBE II – Movementos e rituais para a renovación do mundo é unha instalación de vídeo inmersiva con performace en vivo na que os participantes se atopan con tres líderes nativos das primeiras nacións das chamadas Américas: Colombia, Estados Unidos e a Amazonia. 

Un encontro que documenta e pon en valor o coñecemento ancestral indíxena, as súas danzas, rituais e cerimonias para crear un espazo de reflexión sobre a relación dos seres humanos coa natureza.

HECATOMBE II é unha experiencia ritual e ecofeminista onde memoria, espiritualidade e ecoloxía se cruzan. É unha ofrenda, un xesto de renovación ante o esgotamento do mundo, un chamamento a volver á terra como lugar de comuñón e escoita.

NOTA: O público poderá moverse libremente pola sala e descalzarse para entrar en contacto coa terra que cubre o chan do espazo escénico.

Ficha técnico-artística

Dirección: Martha Hincapié Charry

Líderes indíxenas participantes: Petra Gouriyu (comunidade Arralia, pobo Wayúu, deserto de La Guajira - Colombia; Shane Weeks (Primeira Nación Shinnecock, Long Island, Nova York); Aimema Úai (pobo Muruy Muina, selva amazónica).

Descontos

Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:

  • Persoas xubiladas

  • Persoas desempregadas

  • Persoas en situación de discapacidade

  • Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás

  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

  • Carné xove

  • Integrantes do Club Gaias


Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela