Desde10,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
18 Abril 2026 20:30
«Máis vale pechar a boca e que te consideren parvo que abrila e despexar toda dúbida!» (Mark Twain)
Imanol Arias e María Barranco protagonizan a estrea da comedia *Mejor no Decirlo* (Mellor non dicilo) de Salomé Lelouch, dirixida por Claudio Tolcachir e producida por Pablo Kompel e Pentación Espectáculos. Chega a España despois da súa pasada tempada en Bos Aires e dunha xira con todas as entradas vendidas por Uruguai, Chile e Paraguai.
El (Imanol Arias) e Ela (María Barranco) son un matrimonio que levan moitos anos xuntos. A súa fórmula é imbatible: saber cando falar e cando calar. Pero que pasaría se, por unha vez na súa vida, decidisen dicilo todo, absolutamente todo? *Mejor no Decirlo* é unha comedia deliciosa na que todos nos veremos reflectidos. Sobre todo aos que non nos gusta que nos falen cando estamos interrompendo.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol