Menú
TRANSEÚNTE

TRANSEÚNTE

Desde8,00 €

Teatro Jofre | Ferrol

15 Maio 2026 20:30

O termo “transeúnte” fai referencia a estar de paso, a non residir senón  transitoriamente nun lugar. Por iso, poñemos o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración atravesados polo folclore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.

TRANSEÚNTE reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folclore neste mundo tecnolóxico e globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos. Celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e lévanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

Como

chegar

Praza de Galicia, s/n, Ferrol

15401 Ferrol