Menú
O DRAGÓN DE OURO (SARABELA TEATRO)

O DRAGÓN DE OURO (SARABELA TEATRO)

Desde5,00 €

Teatro Jofre | Ferrol

11 Abril 2026 20:30

Sarabela Teatro presenta, por primeira vez en galego, O dragón de ouro, unha traxedia contemporánea performática con ton grotesco de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado a nivel internacional.

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña dun restaurante asiático de comida rápida. Non ten permiso de residencia nin atopa a súa irmá desaparecida. O espectáculo aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade. Unha posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único.

ESPECTÄCULO RECOMENDADO POLA REDE NACIONAL DE TEATROS E  AUDITORIOS

Como

chegar

Praza de Galicia, s/n, Ferrol

15401 Ferrol