Desde22,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
Desde o 07 Novembro 2026
Ata o 08 Novembro 2026
🎭 A CULPA
ESTREA ABSOLUTA. THRILLER NOIR CON MÚSICA EN DIRECTO.
👁️ SINOPSIS
Amanda, unha empregada de banca de Santiago, recibe unha sorprendente herdanza dunha descoñecida multimillonaria arxentina, Mirtha Val. Xunto á súa parella Enric, viaxa a Bos Aires para descubrir os motivos dunha decisión tan inesperada.
Nun apartamento cheo de recordos da antiga artista, atopan un diario que os conduce a unha investigación marcada por segredos, identidades ocultas e crimes esquecidos. Entre Galicia e Arxentina, A Culpa é un thriller teatral que explora a memoria, a emigración e o peso dos silencios que atravesan as xeracións, acompañado por unha banda sonora inspirada no universo do tango.
A estrea contará coa interpretación en directo da música orixinal da obra por un Grupo de Cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia.
A CULPA é unha adaptación da novela de María Solar, a cargo de Xoán C. Mejuto. E unha CO-PRODUCIÓN de Estudo Momento co Centro Dramático Galego e o Concello de Ferrol.
Reparto: Iria Ares e Xoán C. Mejuto.
Música Orixinal: Gabriel Bussi
Músicos: Leonel Gasso, bandoneón, Pablo Woiz, piano, Gabriel Bussi, violín, Fumika Yamamura, violín, Raymond Arteaga, viola, Elena Escalza, violonchelo, Diego Zecharies, contrabaixo.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol