Desde5,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
31 Outubro 2026 20:30
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu o seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia -avoa, nai e irmán- que viven endebedadas e que dependen de Gregor para sobrevivir, entran en pánico ante a visión de non poder recuperarse da quebra financeira causada polo pai desparecido.
A mirada da familia irá animalizando a Gregor, que se vai sentindo como un parasito. Para elas, el non é máis que un becho e el mesmo acabará aceptando a súa condición de monstro.
A Metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega.
Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? Ou para os demais?
Temos dereito a cambiar, a transformarnos, en calquera momento da nosa vida?
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol