Desde0,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
28 Outubro 2026 20:00
MEMORIA: A SC Medulio de Ferrol, que promove e difunde a cultura galega, no 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no ano 2025 pasado, homenaxeando a este galego universal decidiu traer a Ferrol a Representación teatral, inspirada na peza narrativa <Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete)>, interpretada por membros da Coral Solfa e a Agrupación cultural O Galo de Santiago de Compostela. O autor e director desta obra teatral é o profesor D. Lucho Penabade Outeiro.
Esta peza teatral fondamente humanista e humorística máis cun lúcido realismo, describe e sinala as inxustizas as que se vían sometidos amplos sectores sociais a través de personaxes que retrataban a sociedade galega na que viviu Castelao, e que segue a se perpetuar, en grande parte, na sociedade actual.
A obra de teatro está representada por actrices, actores, cantoras e cantores amateurs, sen ánimo de lucro. Foi representada con grande éxito de público e crítica en varios concellos do país.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol