Desde5,50 €
VALLE INCLÁN CAFÉ | Carballo
08 Outubro 2026 21:00
Idade mínima: 18 anos
Que teñen en común a infancia dos 90, a tecnoloxía, as tradicións e as pequenas contradicións do día a día? Adrián do Regenco e Pablo Alvite, expoñentes da nova era da retranca galega, dannos a resposta nunha hora de humor na que alternan monólogos, improvisación e interacción co público para demostrar que a mellor maneira de entender a realidade segue sendo rir dela.
Situacións cotiás, relacións persoais, cambios sociais... de todo iso falarán entre gargalladas. Estanse adaptando á vida adulta, ou é a vida adulta a que se adapta a eles?
Rúa Valle Inclán, 34, Carballo
15100 Carballo