Desde14,60 €
Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra
27 Febreiro 2026 20:30
100 minutos
Idade mínima: 13 anos
Galego + LSE | NRM 13
DRAMATURXIA/DIRECCIÓN: Xron
REPARTO: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira
PRODUCIÓN: Chévere e Centro Dramático Nacional
ACCESIBILIDADE: Esta obra conta con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena e audiodescripción en directo.
ICTUS é o novo proxecto de Chévere en coprodución co Centro Dramático Nacional.
«Esta é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas que provocan alteracións da memoria persoal e colectiva»
Una muller entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que lles envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.
Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra
36001 Pontevedra