Desde11,00 €
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
03 Outubro 2025 21:00
80 minutos
Idade mínima: 14 anos
En Aquí tou!, Xosé A. Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Sobre as táboas, revive momentos clave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touri lévanos da man cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo