Menú
35 FIOT CARBALLO. Chévere – ICTUS (anatomía de "A derradeira leición" de  Castelao)

35 FIOT CARBALLO. Chévere – ICTUS (anatomía de "A derradeira leición" de Castelao)

Desde16,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

03 Outubro 2026 20:00

112 minutos

Idade mínima: 12 anos

Que sucede cando a memoria comeza a esvaecerse? A partir de A derradeira leición do mestre, o emblemático cadro de Castelao, Chévere constrúe unha peza de teatro documental que explora a relación entre a memoria persoal e a memoria colectiva. A historia dunha muller que intenta reconstruír os recordos perdidos tras sufrir un ictus  convértese nunha viaxe cara a un pasado cheo de preguntas sobre o esquecemento, a identidade e a nosa historia recente. Documento e ficción, testemuño e teatro entrelázanse para lembrar que unha sociedade que esquece corre o risco de perder tamén parte de si mesma se non supera os seus traumas. 

Premio Nacional de Teatro en 2014, Chévere leva décadas desenvolvendo unha linguaxe escénica propia na que dialogan investigación, creación contemporánea e compromiso social.

COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL

FRASE DESTACADA: Como se constrúen - e como se disputan - as narrativas da memoria?

Medidas de accesibilidade: lingua de signos en escena, audiodescrición en directo


Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo