Desde13,20 €
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
23 Outubro 2026 21:00
90 minutos
Idade mínima: 12 anos
Reis, xenerais, concubinas, espías, magnates, adestradores de fútbol, avogadas matrimoniais e outras xentes complicadas en singulares conflitos humanos conforman un retablo urxente dun mundo en colisión no que rexurde o belicismo, e protagonizan unha saborosa sátira da nosa época.
Se todo é unha guerra... mellor tomala con humor. Inspirándose no lendario tratado de Sun Zi, “A arte da guerra” transforma a sabedoría militar chinesa nesta farsa feroz e irreverente sobre un mundo atravesado polo poder, o engano e os conflitos de toda condición.
Volve a mítica compañía Mofa e Befa fiel ao seu particular «perralleirismo» e á súa capacidade para facer da ironía e da gargallada as súas mellores armas. Porque, se hai un inimigo ao que derrotar, téñeno claro: o aburrimento.
ESTREA ABSOLUTA E COPRODUCIÓN FIOT
FRASE DESTACADA: Un espectáculo rápido coma o vento, silencioso coma unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil coma unha montaña.
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo