Desde13,20 €
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
30 Outubro 2026 21:00
80 minutos
Idade mínima: 16 anos
Nesta obra, hai un mago e o seu axudante que empregan todos os métodos ridiculamente inimaxinables para cobrar a pensión dunha nai falecida. Un agricultor que manipula a súa memoria para cobrar unha indemnización millonaria. Un defraudador encantador con mil identidades que saquea ao seu contorno máis próximo. Unha farsa en tres actos sobre a cambiante natureza da verdade.
A prestixiosa compañía Titzina inicia no FIOT a xira do seu último espectáculo, que na edición 34 do festival tivemos o privilexio de coñecer nunha lectura dramatizada a cargo de Diego Lorca e Pako Merino.
Fieis ao seu inconfundible estilo, mergúllanse na realidade a través dun exhaustivo proceso de investigación para acompañarnos nunha viaxe poética e irónica ao máis profundo do ser humano, neste caso, cuestionando os límites entre a memoria, a identidade, a mentira e a verdade.
Realidade e ficción confúndense neste xogo escénico compartido co público que deixa máis preguntas que respostas.
ESTREA EN GALICIA
FRASE DESTACADA: Cales son os límites entre a verdade, a memoria, a identidade e a mentira?
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo