Menú
35 FIOT CARBALLO.  Rafael Álvarez, El Brujo – La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús

35 FIOT CARBALLO. Rafael Álvarez, El Brujo – La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús

Desde16,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

31 Outubro 2026 20:00

100 minutos

Idade mínima: 14 anos

Poucos actores son capaces de converter un escenario baleiro nun universo enteiro. Rafael Álvarez, El Brujo, presenta un enxeñoso monólogo no que humor, palabra, xesto, improvisación e reflexión se dan a man para revisitar a figura de Xesús desde unha perspectiva pouco habitual.

O espectáculo propón un diálogo entre os evanxeos, a filosofía oriental e a tradición do ioga, explorando as grandes preguntas sobre a conciencia, a espiritualidade e a condición humana. Quizais sexa o seu espectáculo máis arriscado.

El Brujo bebe da tradición dos antigos xograres e da influencia de Dario Fo para construír unha proposta tan profunda como divertida, na que a música en directo completa a experiencia teatral e onde a que a palabra, o humor e a emoción dialogan con naturalidade.

ESTREA EN GALICIA

FRASE DESTACADA: Nun momento necesitado de inspiración, esta é unha arriscada aposta por combinar o desexo de coñecemento profundo da alma co ritmo, a risa e o sentimento lúdico da festa do teatro.


Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo