Desde11,00 €
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
27 Setembro 2026 20:00
Idade mínima: 18 anos
Que pode saír mal cando dúas cómicas deciden compartir escenario? Imos descubrilo! Dúas das voces máis destacadas da nova comedia galega únense por primeira vez nun mesmo espazo. Porque o bo, se dobre, dúas veces bo!
Monólogos, improvisación, sketches visuais e unha química irresistible mestúranse para mirar o mundo desde un punto de vista tan afiado como disparatado. Unha proposta que ri de todo, empezando por elas mesmas.
Cunha sólida traxectoria sobre as táboas, na televisión e nos escenarios da comedia, as dúas artistas constrúen un diálogo áxil e inesperado no que cada historia conduce á seguinte sen que te decates. Combinan observación, sátira, conexión, desvergonza e moita personalidade para ofrecer máis dunha hora de gargalladas. Porque, como elas mesmas defenden, entre broma e broma sempre acaba asomando algunha verdade...
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo