Desde5,50 €
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
11 Outubro 2026 20:00
70 minutos
Idade mínima: 12 anos
Unha localizadora de cine que se namorou dun val de Lugo e se fixo labrega; unha nena de dez anos ensina na clase como fai a transhumancia na serra de Ávila; unha neorrural pacense desespera cun inspector de agricultura ecolóxica ou unha neta de campesiños que recupera uns bancais. Estas son algunhas das historias que nos achegan á vida de quen produce os alimentos que chegan ás nosas mesas.
Por que cada vez menos xente quere traballar na agricultura e na gandería? Esta pregunta foi a orixe da viaxe de 3.600 quilómetros que realizou a súa creadora Laura Santos para escoitar agricultoras e gandeiras e transformar os seus testemuños nunha fermosa peza de teatro documental que fala da terra, da memoria e do futuro. Un universo poético construído con obxectos, ilustracións e relatos reais que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de preservar un mundo rural cada vez máis ameazado.
O espectáculo do proxecto artístico almealera, que emprega o teatro para a transformación social e o estudo dos ámbitos rurais, nace do proxecto científico FARM, do CSIC que investiga as causas da falta de relevo xeracional na agricultura e a súa relación co despoboamento, a masculinización do sector e a sostibilidade. Obtivo o premio Fetén 2026 ao mellor espectáculo.
E ti, que tipo de antepasado queres ser?
COPRODUCIÓN CO CSIC, FUNDACIÓN "LA CAIXA", CONCELLO DE MADRID
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo