Menú
35 FIOT CARBALLO - OTNI -  La Rueda Teatro Social – Doce metros cuadrados de piel (Seis miradas diversas sobre sexualidad)

35 FIOT CARBALLO - OTNI - La Rueda Teatro Social – Doce metros cuadrados de piel (Seis miradas diversas sobre sexualidad)

Desde5,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

18 Outubro 2026 20:00

80 minutos

Idade mínima: 12 anos

A pel humana está feita de poros e engurras; de recordos, praceres e cicatrices. No escenario, seis persoas —tres novas e tres maiores— enchen doce metros cadrados de pel para explorar os misterios do corpo. Comparten sen complexos as súas historias, o seu humor e a súa sexualidade. Que é o desexo? Como cambia o pracer e a identidade co paso das décadas? 

Unha proposta poética, de autoficción e documental sobre as luces e sombras de como amamos e habitamos os nosos propios corpos. Convida a escoitar, compartir e descubrir que, por riba das diferenzas, hai preguntas, medos e desexos que atravesan todas as idades.

O espectáculo é froito do proxecto de mediación e creación interxeracional sobre sexualidade Morderse la Lengua dirixido a persoas de diferentes idades e ao que se incorporará un grupo de persoas mozas e maiores de Carballo, a través dun obradoiro coa compañía nos días previos á función, convertendo esta representación nunha experiencia viva e irrepetible.

La Rueda Teatro Social entende o teatro como unha ferramenta de transformación social e de participación cidadá. A compañía leva máis de quince anos desenvolvendo proxectos que combinan creación escénica e intervención comunitaria. 

A pel pódese acariciar, morder e tamén ler, coma un álbum de fotos que conserva un pasado cheo de triunfos e derrotas, desexos e resistencias.

ESTREA EN GALICIA 


Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo