Menú
35 FIOT CARBALLO - RÚA DOS CONTOS - Carmen Conde –  O que non estaba escrito

35 FIOT CARBALLO - RÚA DOS CONTOS - Carmen Conde – O que non estaba escrito

Desde5,50 €

CAFÉ COLÓN | Carballo

02 Outubro 2026 21:00

Idade mínima: 16 anos

Curas que namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas ou mulleres evanxelizadoras do pracer forman parte dunha escolma na que a vida máis anónima raia no improbable e a maior normalidade choca co delirio. 

Durante vinte anos, Carmen Conde percorreu Galicia escoitando historias que nunca chegaron a escribirse. Desa memoria oral nace esta sesión de historias; serán reais ou imaxinadas?

E cada función ten o seu propio relato: o repertorio escóllese para a ocasión.


Como

chegar

Rúa Colón, 7, A Coruña

15102 Carballo