Menú
 35 FIOT CARBALLO - EN RUTA - Inda Pereda – Lubbert

35 FIOT CARBALLO - EN RUTA - Inda Pereda – Lubbert

Desde5,50 €

CENTRO SOCIAL DE CANCES | Carballo

11 Outubro 2026 18:00

60 minutos

Lubbert Dash é o primeiro bosquexo dun ser humano na Terra. Vén coñecelo. A el encántalle explorar mundos imaxinarios no seu xardín.

Inspirada na enigmática pintura  O xardín das delicias de El Bosco, Lubbert Dash é un personaxe tan inocente como disparatado que convida ao público a mergullarse nun universo de situacións absurdas, imaxes surrealistas e criaturas grotescas. 

Clown, mimo, teatro físico e humor bufonesco mestúranse nun espectáculo visual delirante que, entre gargalladas, nos fai mirar ao medio ambiente que maltratamos ou ás paixóns, enfrontándonos ás nosas contradicións como humanos. 

Inda Pereda é un creador cunha linguaxe propia e contemporánea, especializado en teatro físico e comedia xestual. Este é o seu segundo espectáculo, estreado no London Clown Festival en 2018, e vén avalado por unha longa xira por Europa e América.

Antes de que Adán e Eva pisasen o Xardín do Edén, Deus tiña un plan...


Como

chegar

Cances da Vila, s/n, Cances

15106 Carballo