Menú
 35 FIOT CARBALLO - EN RUTA - Isabel Risco – As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso  da cultura minguante

35 FIOT CARBALLO - EN RUTA - Isabel Risco – As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante

Desde5,50 €

CENTRO SOCIAL DE VERDILLO | Carballo

18 Outubro 2026 18:00

70 minutos

Idade mínima: 12 anos

A superheroína galega regresa acompañada do seu inseparable Don Galizo para enfrontarse a unha nova misión: salvar a cultura.

Nesta odisea, Isabel Risco e Alberte Bello mergúllannos nunha sucesión de situacións disparatadas nas que se servirán do humor, da retranca e da sátira para reivindicar o feminismo, a lingua ou o noso medio.

Unha comedia valente, irreverente e chea de gargalladas que confirma o regreso dunha das heroínas máis singulares e queridas do teatro galego.

Actriz, clown e creadora, Isabel Risco é unha das figuras máis recoñecibles do humor en Galicia, cunha ampla traxectoria no teatro e na televisión. 

Pensabades que Nabiza Girl morrera, pero estaba de parranda!


Como

chegar

A Garrida, 19, Verdillo

15108 Carballo