Menú
MOSTRA DE TEATRO RIBEIRA 2025 - HEROES EN DECEMBRO. Ancoraxe e Vórtice Escénico. ESTREA NACIONAL

MOSTRA DE TEATRO RIBEIRA 2025 - HEROES EN DECEMBRO. Ancoraxe e Vórtice Escénico. ESTREA NACIONAL

Desde5,45 €

Auditorio Municipal de Ribeira | Ribeira

26 Setembro 2025 21:15

Idade mínima: 16 anos

Heroes en decembro é unha peza na que catro persoas se atopan para construír un relato común. Como sobrevivimos á nosa propia vida? Berta, escritora, afunde un coitelo no ventre. Agnes, sobrevivente do 11M, precipita a súa cadeira de rodas escaleiras abaixo. Xián, covarde, estando no bordo da ponte, non salta. Mar, traballadora social, vive a través das vidas dos demais. O encontro no programa de repoboación rural Revivir, lonxe de axudarlles ás participantes, afúndeas nunha indiferenza pouco propicia para recuperar as ganas de vivir. O suicidio de Khalid, a rebelión de Berta e a chegada de Mar, que busca gravar un documental, poñen en cuestión os piares sobre os que se sustenta todo.

NORMAS:

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao auditorio poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións nas entradas excepto en casos de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O auditorio ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carriños e soportes de bebés, patinetes, bicicletas e similares deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. Os paraugas deberán estar sempre embolsados. O persoal do auditorio daralles indicacións.

A fila 9 é inclusiva, só poderán ocuparse as súas butacas por persoas cunha discapacidade recoñecida con tarxeta acreditativa, que poderá ser requirida polo persoal de sala. O non cumprimento desta condición suporá a anulación da entrada e abandono forzoso do auditorio sen dereito a reembolso.

Recomendamos consultar sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación: poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE: Seguir as instrucións do persoal de sala e actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avda. da Constitución, 2, Ribeira

15960 Ribeira