Desde8,50 €
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra | Pontevedra
03 Abril 2025 21:00
55 minutos
Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición neste caso o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Dirección: Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
Elenco: María Montero, Patricia Sánchez, André Adrio, Artur Puga, Martín Mondragón, Adela Otero, Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adrao Casal e Francisco Sieiras.
Foto: David Ruiz
Duración: 55 min
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, Pontevedra
36005 Pontevedra