Menú
MANUELA REY IS IN DA HOUSE

MANUELA REY IS IN DA HOUSE

Desde8,50 €

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra | Pontevedra

01 Maio 2025 21:00

80 minutos

MANUELA REY IS IN DA HOUSE de Manuela Rey, Xaquín Núñez Sabarís, Ernesto Marecos, Sousa Bastos, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Paula Ballesteros, Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero

Coproducción del Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste/Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional de São João, Teatro Nacional D. Maria II, con la colaboración del INCIPIT-CSIC, FITEI do Porto y el Festival de Teatro de Almada.

Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro dos enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios? Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona María II e morrese como unha estrela aos 23 anos. Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora. Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.

Con: Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero. Arqueóloga investigadora do INCIPIT-CSIC: Paula Ballesteros

Dramaturxia edirección: Fran Núñez

Duración estimada: 80 minutos (sen descanso) 

Como

chegar

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, Pontevedra

36005 Pontevedra