Desde8,50 €
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra | Pontevedra
07 Xuño 2026 20:30
Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal. Cun candil na man, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido.
É a morte.
O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica eamena tirapuxa na que se entreverán os episodios máis significativos da vida d’O Xestal con algún dos seus contos máis divertidos.
75 minutos lembrando a figura de Carlos O Xestal. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como fonte expresiva na que ten de beber a lingua viva e con arelas de futuro
Autoría e texto: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Avelino González e Toni Salgado
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, Pontevedra
36005 Pontevedra