Menú
Escenas do Cambio, Reinaldo Ribeiro, “Arder Épica (Cap. 1)”.

Escenas do Cambio, Reinaldo Ribeiro, “Arder Épica (Cap. 1)”.

Desde9,72 €

Cidade da Cultura. Edificio CINC. Salón de Convencións | Santiago de Compostela

10 Maio 2026 18:30

ARDER ÉPICA (CAP. 1)

Domingo 10 de maio ás 18.30 H

Reinaldo Ribeiro 

Edificio CINC, salón de convencións. Cidade da Cultura

O incendio que consumiu o Museo Nacional do Brasil en 2018 non só destruíu artefactos: devorou memorias. Das cinzas, ARDER ÉPICA.

Quen se responsabiliza desa perda? 

E que acontece se xa non estamos para contar a HISTORIA?

Quen a contará por nós?

Fronte ás narrativas oficiais que o incendio silenciou para sempre e atravesada por un segredo familiar, Reinaldo Ribeiro crea unha conferencia na que o corpo se converte en voz e en territorio de disputa.

ARDER ÉPICA honra a oralidade como tecnoloxía ancestral para contar aquilo que os arquivos non puideron preservar. A través da fabulación e do ritual, a obra habita o espazo fronteirizo entre a perda e a ausencia de arquivos: o público e o privado. Unha épica alternativa que desafía as narrativas patriarcais sobre a memoria e propón novas formas de lembrar desde o colectivo, o corporal, o sagrado e o feminino.

Ficha técnico-artística

Concepto, dirección, interpretación: Reinaldo Ribeiro

Dramaturxia e asistencia de dirección: Adeline Flaun

Texto: Reinaldo Ribeiro

Deseño de luces e dirección técnica: Grace Morales

Música en directo: Grupo Quintal Delas

Deseño gráfico, visuais e atrezzo: Noelia Varietti

Produción: Beatriz Bello

Técnico de son: Susi Morla Arteaga

Fotografía: Raffaela Ribeiro

Vídeo e teaser: Alba Monroi, Acerina González

Asistencia artística - dramaturxia: Aline Casagrande

Asistencia artística - movemento: Andres Lis

Asistencia artística - música: Claudia Bliss

Descontos

Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:

·  Persoas xubiladas

·  Persoas desempregadas

·  Persoas en situación de discapacidade

·  Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

·  Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás

·  Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

·  Carné xove

·  Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela