Menú
Escenas do Cambio, La Intrusa, “Este himno llevará la palabra euforia”.

Escenas do Cambio, La Intrusa, “Este himno llevará la palabra euforia”.

Desde9,72 €

Cidade da Cultura. Edificio CINC. Salón de Convencións | Santiago de Compostela

09 Maio 2026 19:30

ESTE HIMNO LLEVARÁ LA PALABRA EUFORIA

La Intrusa 

Sábado 9 de maio ás 19.30 H

Edificio CINC, salón de convencións. Cidade da Cultura

Estrea absoluta

Na tempada 2026/27 celebraremos o 30 aniversario de La Intrusa.

Este himno pretende honrar o impulso vital. Invocar unha forma colectiva de sosterse. E facelo xuntas. Porque un himno non se canta só.

Unha lucidez con formas de delirio, que coa súa cómica ebriedade, revela cal é a substancia do triunfo e o fracaso das expectativas que todos soñamos. Coroados por esta nova liberdade e obsesionados por transcendernos a nós mesmas, creamos este himno que non parte da esperanza, senón do impulso.

Ficha técnico-artística

Dirección: Virginia García, Damián Muñoz

Dramaturxia: Virginia García

Creación e interpretación: Carmen Fumero, Alexis Fernández, Ximena Carnevale, Rosa Grui, Iván Montero, Virginia García, Damián Muñoz, Armando Matén

Música: Jesús Díaz, Enric Montefusco, Damián Muñoz,

Texto: Riki Black, La intrusa

Iluminación, espazo escénico e vestiario: La intrusa

Co-produce: Red Municipal de Teatros de Vitoria-Gasteiz. La Faktoria

Co apoio do Departamento de Educación, Política lingüística y Cultura del Gobierno Vasco


Descontos

Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:

  • Persoas xubiladas

  • Persoas desempregadas

  • Persoas en situación de discapacidade

  • Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás

  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

  • Carné xove

  • Integrantes do Club Gaiás



Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela