Menú
Escenas do Cambio, Laura Aris , “Horizontes Errantes”.

Escenas do Cambio, Laura Aris , “Horizontes Errantes”.

Desde9,72 €

Cidade da Cultura. Edificio CINC. Salón de Convencións | Santiago de Compostela

07 Maio 2026 19:30

HORIZONTES ERRANTES

Laura Aris, Jakob Jautz, Jorge da Rocha

Xoves 7 de maio ás 19.30 H

Edificio CINC, salón de convencións. Cidade da Cultura

Horizontes Errantes nace de dúas travesías a pé realizadas en xullo e setembro do 2025: de Tübingen a Freiburg (a través da Selva Negra, Alemaña) e desde o Val do Trubia (Asturias) ata Santiago de Compostela, seguindo o Camiño Primitivo.

Durante 14 días en cada territorio, Laura Aris e Jakob Jautz camiñaron atravesando paisaxes, recollendo as súas atmosferas e calidades, así como os encontros cos seus habitantes humanos e máis-que-humanos. Ao longo do percorrido, o intercambio espontáneo e xeneroso coas comunidades locais —agricultores, artistas, activistas, animais, plantas e a propia meteoroloxía do territorio— converteuse en parte esencial do proceso creativo e do pensamento ecolóxico e poético que inspira a obra.

A peza traduce esta experiencia á linguaxe do corpo, a danza, a música, a voz e a instalación. Unha proposta escénica que non fala sobre nós, pero que se move a través noso. Nun intento de prolongar a memoria do camiño e dar espazo ás voces que atopamos, os nosos corpos convértense en arquivo vivo dun pasado recente.

Ficha técnico-artística

Proxecto iniciado por Laura Aris

Desenvolvido e co-creado por Laura Aris, Jakob Jautz

Peregrinos | intérpretes: Laura Aris, Jakob Jautz

Música orixinal: Jorge da Rocha

Produción: Laura Aris, Jakob Jautz

Este proxecto é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Programa de Residencias Artísticas do Gaiás, Landesverband Freie Tanz- und Theaterschaffende Baden-Württemberg (LaFT BW) e.V., o Ministerio de Ciencia, Investigación e Artes de Baden-Württemberg, LBBW Foundation, The Tomorrow Tribe, E-WERK Freiburg e.V.

Descontos

Prezo: 9€ (+gastos de xestión). Descontos do 20% no prezo da entrada para:

  • Persoas xubiladas

  • Persoas desempregadas

  • Persoas en situación de discapacidade

  • Familias de especial consideración (artigo 9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes no Gaiás

  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas

  • Carné xove

  • Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela