Menú
Molestia | No Kings, parte I

Molestia | No Kings, parte I

Desde5,40 €

Cidade da Cultura. Edificio CINC. Salón de Convencións | Santiago de Compostela

Desde o 14 Novembro 2026

Ata o 15 Novembro 2026

Idade mínima: 12 anos

O Centro Dramático Galego e a Associação Cultural Turbina presentan na Cidade da Cultura Molestia, a primeira etapa do proxecto titulado NO KINGS, un ensaio teatral performativo ideado por Nuno Cardoso, que cruza o mundo de Shakespeare cos discursos de Davos, as novas das guerras de Ucraína e de Gaza e o ruído dixital da desinformación.

Nun mundo polarizado e en policrise, MOLESTIA. No Kings chega aos escenarios como un arquivo vivo dunha Europa en colapso. Esta nova creación estréase na Cidade da Cultura con funcións os días 13 e 14 de novembro, cunha proposta que desafía o público a mirar de fronte para a crise de lexitimidade, a erosión democrática e o colapso do contrato interxeracional que marcan o noso presente.

Construída en torno a unha única personaxe —un sobrevivente, herdeiro da crise, que habita un non-lugar postapocalíptico— MOLESTIA non é unha adaptación fiel do teatro isabelino nin un documental escénico. É, nas palabras do seu creador, Nuno Cardoso, un ensaio teatral performativo no cal Shakespeare actúa como compoñente dramatúrxico vivo: unha presenza que ilumina, proporciona tensión e desmonta as narrativas do presente.

A dramaturxia organízase en catro eixos que fan colidir os textos shakesperianos cos debates críticos da Europa actual. Rei Xoán, Xulio César, Ricardo III, A tempestade, Coriolano e Otelo son convocados para dialogar cos discursos de Davos, os relatorios da Comisión Europea, as alertas climáticas da ONU, as novas de guerra e a linguaxe do tecnofeudalismo. O resultado é unha fricción constante entre a poesía e a burocracia, entre a memoria e o ruído mediático.

— Idade recomendada: Maiores de 12 anos

— Entradas (5 € +gastos de xestión)

Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:

- Persoas xubiladas, desempregadas ou en situación de discapacidade

  • - Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)

  • - Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes

  • - Alumnado e persoal laboral das universidades galegas

  • - Carné xove

  • - Integrantes do Club Gaiás

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela