Menú
GO HOME CON JOSITO PORTO E DAVID AMOR

GO HOME CON JOSITO PORTO E DAVID AMOR

Desde12,00 €

Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán | Sanxenxo

22 Novembro 2025 21:00

GO HOME conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que vai suceder. A peripecia lévao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que Carlos disfrutará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa. GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Bértolo. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación. Esta peza teatral observa a realidade, así como as suás problemáticas asociadas a Galicia, na búsqueda dunha obra chea onde ten cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.


Como

chegar

Rúa Miraflores, 3, Sanxenxo

36960 Sanxenxo