Desde5,50 €
Mesón do Pulpo | Carballo
24 Setembro 2026 21:00
Idade mínima: 14 anos
Hai quen conta contos. A Josito gústalle laretar: divagar, esbardallar, defender con absoluta convicción teorías das que nin el mesmo está demasiado seguro. Falar coma se soubese, pero sen ter nin idea. Así son as súas “Laretadas”, un espectáculo no que o importante non é chegar ao final. Está claro como empeza, pero ninguén adiviña como pode rematar.
Humor, improvisación e unha retranca afiada sen corsés. Unha ollada persoal que converte cada función nunha experiencia única e imprevisible.
Avenida de Fisterra, 23, Carballo
15100 Carballo