Menú
35 FIOT CARBALLO - RÚA DOS CONTOS - Fábrica de Impro –  O show + Dj Maikel

35 FIOT CARBALLO - RÚA DOS CONTOS - Fábrica de Impro – O show + Dj Maikel

Desde5,50 €

A Reserva | Carballo

11 Outubro 2026 22:30

Idade mínima: 18 anos

FÁBRICA DE IMPRO

Nada está escrito. Ou, mellor dito, todo está por escribir. As palabras e ideas escritas polo público nunha tarxeta son a orixe de historias que nacen e medran sobre o escenario sen guión nin rede de seguridade. O público forma parte do xogo e cada función é irrepetible.

Gargalladas garantidas nun show de comedia improvisada onde a única certeza é que todo pode pasar. Con ritmo frenético, humor e unha enorme capacidade para sorprender, estes improvisadores mentalmente inestables constrúen en directo unha sucesión de escenas tan inesperadas como divertidas.

DJ MAIKEL

Remataremos a Rúa dos Contos bailando. DJ Maikel leva case dúas décadas facendo soar a música independente e electrónica.

É un colaborador de Mondo Sonoro e de Soando Con Forza de Que Pasa na Costa.


Como

chegar

Rúa Desiderio Varela, 7, baixo, Carballo

15100 Carballo