Desde5,50 €
Salón Social Pazo da Cultura | Carballo
03 Outubro 2026 23:00
Idade mínima: 14 anos
Esta proposta rexoubeira fai un percorrido polas disidencias sexuais en Galicia ao longo do tempo.
A través da narración oral e das historias de vida, a actriz e narradora de longa traxectoria Atenea García convida a visitar esas marxes que poucas veces ocuparon o centro dos relatos. Cun humor afiado e moita retranca, o espectáculo cuestiona algúns dos grandes mitos arredor da diversidade sexual: desde a idea de que é algo recente ata a crenza de que o rural foi sempre un espazo máis hostil ca a cidade.
Unha proposta para revisar o pasado, desmontar tópicos e lembrar que a historia tamén se escribe desde as marxes.
Vide as que sodes ben dadas!
ESTREA ABSOLUTA
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo