Menú
Somos Criminais e punto final

Somos Criminais e punto final

Desde16,20 €

Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

29 Novembro 2024 23:00

Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II,  está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.  

Como

chegar

Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n, Lugo

27003 Lugo