Desde16,20 €
Auditorio de Cangas | Cangas
16 Novembro 2024 21:30
Falta
pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a
Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a
bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os
capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de
que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de
Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis
prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo
criminal.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o
punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas
últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia
ata o mes de xaneiro.
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas