Menú
Priscilla, Reina del Desierto

Priscilla, Reina del Desierto

-% GRUPOS

Desde 39,96 €

Teatro Colón | A Coruña

Desde o 13 Febreiro 2025

Ata o 16 Febreiro 2025

DESCONTO DE 20% EN COMPRAS DE GRUPOS DE 10 LOCALIDADES

Baseado na película gañadora dun Oscar, PRISCILLA, REINA DEL DESIERTO, é o musical internacional máis espectacular e divertido. Conta as aventuras de tres artistas de drag que atravesan o deserto australiano a bordo do autobús que dá nome ao musical, nunha viaxe na procura do amor e da amizade e na que acaban atopando máis do que nunca poderían soñar.
Con 40 artistas, unha impresionante colección de máis de 500 disfraces premiados, 200 tocados extraordinarios e a banda sonora máis bailada da historia, que inclúe os grandes éxitos da discoteca, desde Tina Turner ata Madonna. PRISCILLA, REINA DEL DESIERTO, é o " feelgood” musical por excelencia.
Gañador dos premios Oscar, Tony e Olivier, PRISCILLA interpretouse en 135 cidades, 30 países e foi bailada por máis de 7 millóns de persoas.
Cando se cumpren 30 anos da estrea da película e se cumpren 18 anos da estrea mundial do musical en Sidney, PRISCILLA, REINA DEL DESIERTO, regresa cunha nova produción.
Así que, desempolvade as perrucas e os tacóns, practica os teus mellores movementos de baile e cóbrete de todo o brillo que poidas atopar, porque o inesquecible, emblemático, divertido e mítico musical, PRISCILLA,... está de volta!

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña