Menú
Antoloxía Nova Galega de Danza – LEIRA

Antoloxía Nova Galega de Danza – LEIRA

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

17 Xaneiro 2025 20:00

60 min

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica. Día e noite, xornada tras xornada, repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie, habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiro de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra.

Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo; é a celebración dunha Galicia intemporal e máxica. O espectáculo foi galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza -Iván Villar- en 2021, na XXIV edición dos premios, onde foi tamén finalista como mellor espectáculo de danza.

FICHA ARTÍSTICA

Unha produción de: Nova Galega de Danza

Dirección artística: Jaime Pablo Díaz

Coreografía: Iker Gómez e Jaime Pablo Díaz

Bailarines: Iván Villar e Pablo Sánchez / Ricardo Fernández

Bailarinas: Estefanía Gómez e Inés Vieites / Laura Santamariña

Escenografía: Jaime Pablo Díaz

Composición musical: Sergio Moure de Oteyza

Voz e música en directo: Rosa Cedrón

Voces: Aida Tarrío

Percusións: Miguel Anxo López

Deseño e iluminación: Antón Cabado

Vestiario: Erica Oubiña

Son: Alberto Beade

Produción: Nova Galega de Danza

Fotografía dossier: Xan Domínguez

Distribucción: Nova Galega de Danza

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña