Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
24 Xaneiro 2025 20:00
55 minutos
Beltenebros é un espectáculo do coreógrafo Javier Martín coa pianista Haruna Takebe e a
camarógrafa e performer Masako Hattori. Coreografía, concerto e imaxe en directo.
Beltenebros expón a reinterpretación dos síntomas do corpo disfórico, propio do tempo que
compartimos, a través da práctica con exvotos anatómicos –representacións de órganos en cera, madeira e metal– e a instalación no artefacto teatral dun particular xogo do aforcado, como marco da acción e as súas mesetas. Cada exvoto organiza co son un achegamento ao corpo, unha situación cinética. Un baile macabro.
A palabra beltenebros significa belo e tenebroso. Refírese a un arquetipo de personaxe cuxa
característica é a de transformar o contexto e ás persoas ao seu redor, coa súa mera presenza:
alguén que aínda sen querelo, serve como un espello deformante. Preguntámonos como nos
relacionamos coa beleza hoxe en día: máis aló dos patróns establecidos, podemos recuperar unha relación baseada no seu misterio? Beltenebros afonda na necesidade e o desexo de bailar a través de diferentes espistemes.
Título e autoría: Beltenebros, de Javier Martín
Elenco artístico:
Creación, dirección e movemento: Javier Martín
Dirección musical e piano: Haruna Takebe
Cámara e performance: Masako Hattori
Iluminación: Octavio Mas
Asistencia á dirección e produción: Sabela Mendoza
Asesoría musical: David Durán
Acompañamento teórico: Raissa Pomposo
Distribución internacional: Polina Bulat
Co apoio de: A Casa Vella - L’animal a l’esquena - residencias PICE de AC/E AGADIC - Xunta de Galicia, balleteatro – Porto, Deputación da Coruña
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña