Desde10,80 €
Teatro Colón | A Coruña
06 Maio 2026 20:30
O Xoán naceu dun desamor e dunha volta á casa case forzada, pero co drama por montar: simplemente tocou volver á aldea, sachar un pouco e poñerse a facer pop e electrónica en galego. Música con identidade, sentido do humor e a medida xusta de intensidade. Co seu primeiro sinxelo “Ferido” espertou xa o interese do público e da escena profesional e abriu unha etapa máis atrevida e visual na que nos amosa o seu estilo propio e unha proposta contemporánea e novidosa dentro da escena galega. Preparando o lanzamento do seu traballo debut esta primavera-verán presentará en escenarios diversos o seu primeiro espectáculo.
Para os primeiros concertos esta primavera O Xoán convina o seu lado actoral co musical e presenta un espectáculo escénico e visual cun fío narrativo que nos vai levando dun tema a outro, un show hipnótico que atrapa ao público coa súa mestura de cancións e historia persoal.
O recente gañador do Mestre mateo a mellor actor protagonista Xoan Forneas en directo
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de se ocupa ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante nin ao remate do espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña