Menú
GODSPELL, EL MUSICAL

GODSPELL, EL MUSICAL

Desde34,65 €

Teatro Afundación Vigo | Vigo

Desde o 20 Marzo 2025

Ata o 22 Marzo 2025

ecomendación idade: maiores de catro anos

Duración: 115 minutos máis 15 minutos de descanso.

A escena arrinca nun lugar que ben puidese ser un almacén de teatro, unha desvencillada corrala de veciños ou unha igrexa en ruínas.

Nela descubrimos ás nosas personaxes, trátase dun grupo de mozos aparentemente membros dunha veciñanza convocados para tomar unha decisión importante que afectará o futuro dos seus veciños e veciñas.

Esta primeira escena termina cunha figura composta por todo o elenco, como metáfora da porta que nos traslada á ficción, onde iremos percorrendo da man de cada personaxe a transformación que vivirá ao tomar contacto profundo cos ensinos dun tal Jesús.

Xuntos descubrirán a tolerancia e o respecto ao diferente, a necesidade de construír e tecer redes de apoio comunitario, a compaixón por calquera ser humano, a riqueza sostible e compartida, a liberdade de ser e elixir, a corresponsabilidade na construción dunha boa vida para todos, o dereito para equivocarse e volver empezar, a doerse co sufrimento do outro, a vivir completos, a rir, amar, cantar, xogar...vivir e ata morrer.

Pouco antes de terminar retomaremos a figura do inicio, nesta ocasión para volver cruzar a porta e sentir que realidade e ficción son unha.


E ao final, cando todo acaba, cando a escuridade asolágao todo, Godspell, quizais, pode ser a esperanza de que todo volve empezar.

Como

chegar

C/ Policarpo Sanz 13, Vigo

36202 Vigo