Desde3,00 €
Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña
11 Xuño 2025 19:00
Esta é unha cita a cegas con SINFILTRO Cara ao futuro e máis aló, o evento editado, producido e conducido por Marcelo Castelo que achega, de forma amena e alcanzable o impacto previsible da intelixencia artificial (IA) nas vidas das persoas á vez que recada fondos para quen máis o necesitan. O evento ten lugar o mércores 11 de junio ás 19.00 h na Sede Afundación A Coruña.
Divulgación sobre IA, entretemento e solidariedade son os tres puntais de SINFILTRO Cara ao futuro e máis aló.
Nesta ocasión será a institución da TVG, Xosé Ramón Gayoso, quen acompañe a Fillas de Cassandra.
A inscrición ten un custo de 3 €. A cantidade recadada coas entradas será doada integramente ao programa CULTURA POR ALIMENTOS, impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) para incrementar os recursos do Banco de Alimentos Rías Altas.
Vaias asistir ou non, se queres apoiar a causa do programa CULTURA POR ALIMENTOS, e colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas, fai o teu donativo a través da fila 0.
Na cita a cegas de decembro podes esperar as tres partes do esquema habitual de SINFILTRO Cara ao futuro e máis aló.
Programa
Presentación do barómetro «Hábitos, prácticas e benestar do tecnólogo en España».
A continuación, a ponencia a cargo de Richard Duro, catedrático da UDC, Os robots equivócanse… o somos nós? e mesa redonda posterior con Fernando Suanzes, fiscal xeral de Galicia, e Ismael Martínez, escritor.
Como peche do acto, Marcelo Castelo terá unha dos seus famosos faladoiros vándalos SINFILTRO con Gayoso e dúo musical Fillas de Cassandra.
As tres últimas edicións de SINFILTRO colgaron o cartel de ENTRADAS ESGOTADAS, fagámoslo unha vez máis.
Cantón grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña