Menú
O Salón do Libro: Cultura contra a Barbarie ( Gala artística por palestina)

O Salón do Libro: Cultura contra a Barbarie ( Gala artística por palestina)

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

Cada persoa precisa ter a súa entrada, independentemente da súa idade

Pallasos en Rebeldía convoca á cidadanía de Pontevedra a Cultura contra a Barbarie, Gala Artística por Palestina, que terá lugar o mércores 4 de marzo, a partir das 20.00h, no Teatro Principal, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional e fraternidade entre os pobos a través das artes escénicas e sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. A presente gala, na que participarán diversas artistas galegas dos ámbitos da música, maxia, teatro e narración oral, busca a participación activa da sociedade, non só para recadar fondos, senón para pór en valor a importancia da cultura como motor de transformación social e como altofalante para a causa do pobo palestino, sobre a que cómpre manter a información, a atención e, sobre todo, a nosa solidariedade.

Todos os fondos recadados nesta gala destinaranse a financiar as accións artísticas e humanitarias da entidade en territorio palestino. Un evento que mestura o compromiso e a arte, cun elenco composto por algúns dos grandes nomes da escena galega e que encherá  o escenario do Teatro Principal de risas por un mundo mellor.

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra