Desde11,00 €
Polideportiva de Castelo | Culleredo
28 Agosto 2025 22:00
O Castelo Conta cumpre dez anos de cultura no rural cunha gala moi especial. Xosé A. Touriñán conduce un espectáculo inédito acompañado das súas veciñas e veciños, pero tamén dalgúns dos mellores cómicos galegos e de artistas que pasaron por Castelo nesta última década. Música, humor, premios… Dúas horas de espectáculo e emoción para celebrar dez voltas á festa.
A disposición do público será en mesas de ata oito persoas, que se distribuirán en función do número de entradas mercadas en cada compra. Durante o espectáculo permanecerá activo o servizo de bebida e comida na barra.
Folgueira - Castelo s/n, Castelo
15139 Culleredo