Menú
O Latexar de Terras Gauda

O Latexar de Terras Gauda

Desde71,50 €

Bodegas Terras Gauda | O Rosal

31 Maio 2025 20:00

O Latexar de Terras Gauda é un evento único que une viño, música, arte e gastronomía para ofrecer unha experiencia inmersiva na contorna natural da nosa adega e viñedos.

A floración é o comezo dun novo ciclo de vida, onde asistimos ao nacemento das flores que se transformarán nas nosas uvas, no noso futuro viño. O Latexar de Terras Gauda é unha celebración desa floración, dos ciclos do viñedo, da nosa riqueza natural.

RECOMENDACIÓN DE IDADE: O Latexar de Terras Gauda é un evento exclusivamente para maiores de idade.

PROGRAMA:

  • 20:00 · Apertura de portas e viño de benvida Abadía de San Campio.
  • Presentación do evento da man de Esther Estévez, a nosa mestra de cerimonias
  • Exposición inmersiva de Pilar Alonso na contorna dos nosos viñedos.
  • Emilio Canas guiará a cata de Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar, descubrindo os seus matices.
  • Cea degustación a cargo de Los Fogones de Ana, acompañada dun maridaxe especialmente seleccionado.
  • Free Wine Bar para brindar e desfrutar dos teus viños favoritos.
  • O concerto de Guadi Galego inundará a noite de música e dará paso á floración dun novo día.
  • 00:30 · Os autobuses de regreso sairán da adega arredor das doce e media.

HORARIOS E PARADAS DE AUTOBÚS:

Entrada xeral con autobús: Vigo - O Porriño - Tui - Tomiño

  • 18:30 VIGO: parada de bus rúa Arenal (antigo Reitorado)
  • 19:00 O PORRIÑO: parada de bus Avenida de Galicia (antiga discoteca Sukiyaki)
  • 19:25 TUI: parada de bus Rúa Ourense (fronte ao estanco)
  • 19:45 TOMIÑO: parada de bus rotonda farmacia
  • 20:00 ADEGAS TERRAS GAUDA

 

Entrada xeral con autobús: Nigrán - Baiona - A Guarda - O Rosal

  • 18:30 NIGRÁN: ao lado do concello
  • 18:55 BAIONA: parada de bus fronte á lonxa (rotonda Monumento a Alfonso VIII de Galicia e León)
  • 19:30 A GUARDA: parada de bus Centro Cultural da Guarda
  • 19:45 O ROSAL: Praza do Calvario (arcos)
  • 20:00 ADEGAS TERRAS GAUDA

Máis información en olatexardeterrasgauda.com

Contacta connosco en [email protected]

Como

chegar

Estrada Tui-A Guarda, km 55, O Rosal

36760 O Rosal