Menú
COMPROMISO CON EL ARTE. Colecciones ABANCA y Fundación Bancaja

COMPROMISO CON EL ARTE. Colecciones ABANCA y Fundación Bancaja

Desde0,00 €

Sede Afundación A Coruña | A Coruña

Desde o 30 Outubro 2025

Ata o 29 Xaneiro 2026

COMPROMISO CON EL ARTE. Colecciones ABANCA y Fundación Bancaja é a nova exposición que chega este outubro á Sede Afundación A Coruña. Un total de 77 obras das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja mostran un repertorio artístico excelente desde as vangardas históricas, con traballos de Picasso, Kandinski ou Georges Braque, ata as formas da pintura contemporánea. Visítaa desde o 14 de outubro e ata o 31 de xaneiro de 2026 na cidade herculina.
Comisario | Fernando Castro Flórez

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar aos bancos de alimentos locais. Infórmache!

Compromiso con el arte é unha exposición que reúne obras destacadas das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja, dúas institucións que levan décadas comprometidas co impulso da arte e a cultura. A través dun percorrido que abarca desde as vangardas históricas ata a creación contemporánea, a mostra convida a mergullarse nun diálogo entre xeracións, estilos e sensibilidades. Con pezas de referentes como Picasso, Kandinski, Braque, Scully, Equipo Crónica ou Juan Xenovés, a exposición ofrece unha mirada diversa e de gran calidade que escapa do convencional.

Lonxe dunha visión historicista, as obras seleccionadas preséntanse como espazos abertos á interpretación, evocando emocións, ideas e reflexións. Unha das salas propón unha suxestiva “navegación” artística inspirada nas atmosferas mariñas de Urbano Lugrís, mentres que outras exploran paisaxes naturais e urbanas como símbolos de resistencia e esperanza.

En tempos marcados pola saturación visual e a superficialidade, esta exposición aposta pola arte como xanela ao belo, o profundo e o transformador. Así, ABANCA e Fundación Bancaja renovan o seu compromiso coa democratización cultural, achegando ás público obras que, máis aló do seu valor estético, convídannos a imaxinar novos futuros.

Como

chegar

Cantón Grande, 8, A Coruña

15003 A Coruña