Desde0,00 €
Sede Afundación A Coruña | A Coruña
Desde o 26 Marzo 2026
Ata o 21 Maio 2026
OTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta a obra de seis destacadas artistas nadas na década
dos 50, cuxas vidas e carreiras están profundamente entrelazadas con Galicia.
Trátase de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval,
Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha presenza significativa na arte dos
anos 80. Esta exposición, coorganizada coa Xunta de Galicia a través da
Fundación Cidade da Cultura de Galicia, explora as súas creacións e revela como
o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e
recuperando o seu lugar na historia.
Celebramos o talento, a dedicación e a creatividade destas seis mulleres que deixaron unha pegada indeleble no mundo da arte, e esta exposición pretende renderlles homenaxe, co obxectivo final de dar visibilidade e recoñecemento ao seu traballo.
Cantón Grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña