Desde9,00 €
Monasterio de Santa María de Oia | Oia
Desde o 30 Marzo 2026
Ata o 05 Abril 2026
Un ano máis o Real Mosteiro de Oia abre ao público cunha visita chea de novidades. Un novo percorrido, novos espazos e novos datos que seguirán lanzando luz sobre un dos monumentos máis icónicos de Galicia. Mergúllate na historia do Mosteiro desde outra perspectiva e anímate a participar nunha experiencia diferente!
Lembra: o Mosteiro é un espazo en vías de restauración, actualmente en estado de ruína consolidada. Ven con roupa e calzado cómodo, preparado para explorar os diferentes espazos do cenobio e os seus xardíns.
Levamos moito tempo traballando para recuperar o Mosteiro mentres, desde a Fundación Bretal, seguimos dinamizando culturalmente o edificio a través dunha a actividade cultural adaptada cada ano ao estado do monumento e ás intervencións que se van acometendo. Por iso cada ano a visita é diferente! Esperámoste!
Rúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño, 5, Oia
36794 Oia