Desde0,00 €
Sala de Exposiciones del Teatro Afundación Vigo | Vigo
Desde o 08 Maio 2025
Ata o 26 Xuño 2025
ÍTACA. Espazo interactivo sobre Educación financeira, en Vigo
ABANCA e Afundación convidánte a viaxares cara á liberdade económica con ÍTACA, un espazo interactivo que fusiona educación financeira coa mitoloxía grega, inspirándonos na lendaria Odisea de Ulises. Guiarémoste a través dun percorrido fascinante onde cada paso te achegará á estabilidade económica coa axuda de intelixencia artificial, personaxes interactivos e efectos visuais. Propómosche diferentes obstáculos financeiros reais (consumismo, débedas, riscos financeiros e cibernéticos, inversións arriscadas…) para aprenderes a manexar o teu diñeiro de xeito práctico e atractivo.
Espérate unha viaxe chea de diversión e ferramentas para transformar a túa relación coas finanzas e vivir con maior seguridade o teu día a día.
Aberto do 3 de abril ao 30 de xuño.
Actividades en colaboración con FUNCAS.
Dirixida a todo tipo de público.
Actividade gratuíta, previa inscrición.
Reconquista, s/n, Vigo
36201 Vigo