Auditorio Pazo da Cultura de Carballo

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo
O Pazo da Cultura, emprazado a carón do Parque do Anllóns, foi inaugurado en 2002. A totalidade desta infraestrutura foi construída polo alumnado da Escola Taller de Carballo baixo o proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez. O resultado é un inmoble de grandes dimensións, moderno e funcional, que sorprende pola concepción da súa estrutura externa e pola grande capacidade interior.

Este espazo acolle unha ampla programación organizada pola Concellaría de Cultura. O teatro, concertos, conferencias, exposicións ou xornadas son só algunhas das actividades que teñen cabida no recinto. Acolle, asemade, actos organizados por outras concellarías, entidades culturais, educativas ou asociativas da Comarca.

O Pazo da Cultura constitúe un referente na comarca de Bergantiños, ao prestar innumerables servizos á comunidade e ofrecer a programación cultural máis completa da zona.
  • Rúa do Pan, s/n
  • Carballo

Próximos eventos en Auditorio Pazo da Cultura de Carballo

Ataquilla.com

Lleva tus entradas en el móvil
Infórmate