NEVER MORE
teatro

NEVER MORE

Teatro Principal de Ourense Ourense

10 y 11 diciembre 20.00 h.

desde* 10,00 €

* Precio mínimo sin comisión

Compra entradas NEVER MORE Ourense .

Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da memoria colectiva de feitos do noso pasado recente. Neste caso dispoñémonos a comprobar a posibilidade de desvelar outras verdades ou ficcións ocultas na historia da catástrofe do Prestige, para achegarse ao que está pasando coa pandemia de Covid-19. Entender o Prestige como un aviso do que estaba por vir, do inevitable de seguir habitando a catástrofe. Tirando dos fíos que se cruzan na experiencia de rememorar a catástrofe do Prestige, traballamos sobre a existencia de zonas sacrificadas para maximizar os beneficios; sobre o tráfico marítimo internacional como materialización e soporte da globalización; sobre a fin dos combustibles fósiles como metáfora da fin do capitalismo; sobre a capacidade das autoridades para elaborar ficcións que substitúan os feitos e o poder da autoorganización social para contrarrestar o falseamento da realidade; sobre as teorías da conspiración como himnos ao caos; e preguntámonos, que significa implicarse como cidadáns e como artistas na construción doutras narrativas? Como nos afecta a desaparición da realidade nun mundo cada vez máis virtual e a imposibilidade de abrazarse nun escenario?

Comprar entradas NEVER MORE Ourense .