Sede Afundación Ferrol

Sede Afundación Ferrol
Desde que foi erixido, o inmoble que na actualidade ocupa a Sede Afundación de Ferrol non deixou de ter un papel protagonista na vida da cidade. Albergou sucesivamente o concello, o cárcere, o instituto de segundo ensino (onde impartiron clases Concepción Arenal e Gonzalo Torrente Ballester) e o Goberno Militar.

Atópase na Magdalena, verdadeiro corazón de Ferrol, a escasos metros dalgúns dos edificios máis emblemáticos da cidade: o Mercado, o Teatro Jofre ou a Concatedral. A espazosa explanada peonil que se estende perante o edificio, a praza da Constitución que enlaza coa popular zona de paseo e lecer dos Cantóns de Molíns, resulta idónea para realizar actividades promocionais no exterior.

Tras a última reforma do edificio, concluída en 2005, este adquiriu a súa configuración actual. Grazas a unha rehabilitación respectuosa co pasado á vez que situada no presente, na que conviven de xeito harmonioso a pedra, o vidro, o aceiro e a madeira, convertemos este inmoble nun polivalente colector con multitude de posibilidades, ademais de ofrecer acceso universal, condición que o fai único na cidade.

No hay eventos en este recinto en los próximos días.

Ataquilla.com

Leva as túas entradas no móbil
Infórmate